O BNG de Xunqueira de Ambía denuncia que o Goberno local leva meses sen convocar un Pleno

Explican que en outubro rexistraron unha moción para denominar á Biblioteca Municipal como ‘Biblioteca Celsa García Gómez’ e que aínda non puido ser debatida
Sonia Vidal Lamas e Vanessa Díaz Meno
Sonia Vidal Lamas e Vanessa Díaz Meno
29 Apr 2025

O BNG de Xunqueira de Ambía rexistrou, o pasado mes de outubro, unha moción que debía ser debatida no seguinte Pleno do Concello. Na moción, aínda en pé, as nacionalistas piden denominar á Biblioteca Municipal como ‘Biblioteca Celsa García Gómez’ “en recoñecemento ao seu labor durante 40 anos como persoa referente na difusión e acceso á cultura neste concello”.

Así mesmo, o texto insta ao goberno municipal a instalar unha placa conmemorativa e organizar un acto de homenaxe para celebrar o compromiso e dedicación de Celsa García Gómez, “que converteu a nosa biblioteca nun espazo de encontro e aprendizaxe polo que, nun momento ou outro, pasamos todas e todos”, sinalaban dende o BNG no momento d rexistrar a moción.

Porén, denuncian que o Goberno local leva meses sen convocar un pleno, polo que a súa moción, polo de agora, non puido ser debatida, e denuncian o “silencio institucional diante dunha proposta chea de xustiza e memoria”

⚙ Configurar cookies
0.13894295692444