O BNG demadará o apoio da Deputación para mellorar o rexistro vitícola nas comarcas de Ourense

OurenseXa
A inicativa levada polo BNG ao parlamento galego, xa rexistrada no mes de xullo, foi rexeitada polo PP este martes
Secundino Fernández, Bernardo Varela e María Mangana
11 Oct 2024

Secundino Fernández, deputado do BNG no Parlamento de Galiza, xunto a Bernardo Varela e María Mangana, deputados do BNG na Deputación provincial de Ourense, compareceron ante os medios para dar traslado das inciativas presentadas polo BNG no parlamento e Deputación para mellorar o rexistro vitícola das comarcas de Ourense e en especial no referido as Denominacións de Orixe de Vadeldeorras, Moterrei e O Ribeiro.

A inicativa levada polo BNG ao parlamento galego, xa rexistrada no mes de xullo, e que foi rexeitada polo PP este martes, demandaba tres puntos moi claros sinalaba Secundino Fernández. Dotar de persoal suficiente aos departamentos que xestionan o rexistro vitícola, concretamente no referente a DO de Valdeorras; resolver rápidamente os expedientes de actualización modificación do rexistro vitícola instados polas personas viticultoras; e solucionar de oficio os déficits que ten o rexistro vitícola de Valdeorras. Unhas cuestións mínimas para que os viticultores poidan actuar axeitadamente, pero que o PP no parlamento galego rexeitou.

Esta iniciativa xa fora rexistrada en xullo o que obrigou tamén a que se cubrisen as dúas prazas de funcionario na oficina agraria do Barco, incorporándose dous técnicos para cubrir as tres praza que había, e hai un par de días cubriuse un terceiro posto na xefatura territorial de Ourense, para adicarse en exclusiva ao rexistro vitícola en Ourense. Isto non soluciona o problema, sinalaba Secundino, porén evidencia que o PP a pesares de rexeitar as propostas do BNG vese obrigado a atender as propostas nacionalistas.

Bernardo Varela, voceiro do BNG na Deputación de Ourense, indicaba que os nacionalistas estiveron agardando até hoxe para ver o que o PP facía onte no Parlamento galego. “Xa que se o PP aceitaba a iniciativa do BNG xa non habría lugar a ningún tipo de iniciativa na Deputación”

Na vindeira comisión de medio ambiente da Deputación de Ourense levaremos unha iniciativa para que desde a Deputación se incida na necesidade de actualizar este rexistro vitícola a nivel de toda a provincia e en especial nas DO de Valdeorras, Monterrei e o Ribeiro.

Este é un problema que se leva arrastrando desde fai anos, a falta total de execución, pero é un problema que afecta en exclusiva ás comarcas de Ourense, sinalaba Varela. Nas comarcas de Pontevedra onde hai unha DO moi máis ampla que en Ourense como é a DO Rías Baixas, ahí este rexistro ten unha demora de quince días fronte a demora media de Ourense que está en torno a un ano de espera.

Ademais, sinala Varela, é un problema que ten unha doada solución ao limitarse a poder poñer medios a disposición da propia estrutura da consellería de medio rural a nivel da provincia de Ourense. “ Decía o PP no Parlamento que non hai máis prazas, pero é cuestión de cubrir prazas que xa hai, como xa sei fixo desde xullo cando BNG rexistrou a iniciativa, e por outra banda por técnicos que poden estar dentro da infraestrutura da consellería.

Tanto Varela como Secundino fixeron fincapé en que non resulta lóxico obrigar ao viticultores a trasladar todo por vía telemática cando non lle é factíbel por idade ou pola propia limitación da conexión a internet no territorio, abocados a recorrer a terceiros que previo pago lles faga os trámites. Sobre todo, sinalaron, cando era algo que se viña realizando desde as oficinas de extensión agraria sen que xerase iso ningún tipo de impedimento.

Os deputados provincias na Deputación mostráronse confiados en que a iniciativa nacionalista saíse adiante co apoio de todos os grupos, pois hai escasos días o PP levaba unha iniciativa ao ente provincial preocupándose polo problema da recollida da uva e demandando apoio, este caso merece o mesmo apoio.

0.17823886871338