Denuncian os danos provocados pola árbore de Nadal na fonte de Bispo Cesáreo

OurenseXa
O BNG asegura que xa alertara do posible deterioro deste patrimonio ao Goberno Local
plaza-obispo-cesareo
Praza Bispo Cesáreo
8 Aug 2024

O BNG xa advertira en decembro do ano 2022 que a instalación da árbore de Nadal en Bispo Cesáreo podía ter consecuencias na fonte barroca alí situada. Hoxe, esta fonte comeza a mostrar os deterioros causados pola iluminación de Nadal, asegura a formación nacionalista.

Luís Seara denuncia de novo que “este goberno se caracteriza por non ter o máis mínimo respecto e coidado polo noso patrimonio”. Ata xuño do 2018 todo o referido a elementos patrimoniais era informado polos técnicos do PERI, desde entón, cando estes elementos se atopan en alamedas ou parques é exclusivamente Medio Ambiente quen realiza esta valoración.

"Dende o BNG xa advertíramos que a colocación da árbore de Nadal na fonte da praza Bispo Cesáreo era unha auténtica barbaridade e aberración”, aseguran, e insisten en que "o Goberno Local fixo caso omiso e agora todas as veciñas e veciños de Ourense sofren as consecuencias". A fonte barroca trasladouse do Mosteiro de Oseira para esta praza co obxectivo de preservala, "obxectivo que o Goberno Local desantendeu conscientemente".

"Dende a formación nacionalista seguiremos insistindo para que o Goberno Local cumpra coa súa obriga de preservar tanto esta fonte como todo o patrimonio da nosa cidade", rematan nun comunicado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18680191040039