O BNG exisirá no Parlamento a xestión pública e directa do futuro CAPD de Ourense

OurenseXa
Noa Presas avanza que o BNG preguntará no próximo Pleno á conselleira de Política Social polo remate da infraestrutura e o modelo de xestión
noa-presas-bng
Noa Presas
18 Out 2024

Noa Presas avanza que o BNG “vai levar ao Pleno da semana que vén unha pregunta sobre un asunto fundamental para Ourense: o futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade maiores de vinteún anos”.

Presas afirma que “esixiremos a Fabiola García, Conselleira de Política Social, a resposta ás preguntas que se fan as familias e que nos facemos as e os ourensáns: cando vai estar operativo o CAPD e se desde o goberno da Xunta de Galiza van respectar a vontade das familias para que a xestión sexa pública e directa”.

“Estamos falando de dereitos, e estamos falando de acabar cunha estamos falando de acabar cunha das discriminacións históricas de Ourense: nós non temos aínda o que xa teñen Coruña, Lugo ou Pontevedra desde hai décadas” continúa Presas, “unha reivindicación histórica que o Partido Popular atrasou conscientemente desde o goberno da Xunta co silencio cómplice do Partido Popular nas institucións ourensás”

O BNG lembra que “foi a presión social a que fixo que hoxe teñamos un CAPD próximo a abrirse” xa que o Partido Popular “incumpriu longamente o que prometeran e, aínda que rectificaran, seguiron e seguen dilatando no tempo esta cuestión” a deputada nacionalista afirma “prometeron que o CAPD estaría aberto en xaneiro de 2024 e dez meses despois non é certo”.

Desde o Bloque Nacionalista Galego queren transmitir o seu “total apoio ás familias, o agradecemento á plataforma PROCAD polo seu incansábel traballo durante estes anos e quere manifestar a súa preocupación a respecto desta cuestión dados os antecedentes”. Por isto o próximo mércores preguntarán á Conselleira de Política Social “esixindo que o CAPD sexa de xestión pública e directa”

“Non imos permitir que o que pasou coa privatización dos centros de crise para vítimas de violencia sexual, o que pasou co centro de menores de Montealegre pase tamén co CAPD, son moitos anos de loita, xogámonos moito” continúa Presas “xogámonos dereitos, dereitos que teñen noutras partes do país e que en Ourense tamén merecemos”.

0.10304498672485