O BNG reclama ao Concello de Ourense unha programación específica polo Día das Letras Galegas

OurenseXa
Lamentan que “nunha data tan sinalada como é o Día das Letras Galegas, o Concello opte un ano máis por diluilo dentro das festas do Couto”
Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense
Luis Seara
7 Apr 2025

O Concello de Ourense anunciou esta mañá a programación das festas do Couto, previstas, como é habitual para mediados do mes de maio, concretamente do 15 ao 19 e un ano máis, o Goberno Local, segundo o BNG, “opta por diluir o 17 de maio, Día das Letras Galegas ao inserilo dentro da programación festiva do barrio en vez de dotalo duha programación propia e moito máis ampla”.

Segundo o Portavoz municipal dos nacionalistas Luís Seara, “por todos é sabida a falta de sensibilidade e mesmo a carraxe que a Jácome lle producen as celebracións e efemérides propias do país e máis se teñen unha compoñente cultural” e engade, “se xa é lamentábel que o Concello de Ourense non vaia desenvolver ningún acto ao longo de 2025 para conmemorar a celebración do ano Castelao como si se está a facer noutros Concellos do país, resulta aínda máis triste que nin tan sequera se programe na conmemoración dunha data institucionalizada como é o 17 de maio, Día das Letras Galegas”.

Para a fomación nacionalista “pérdese de novo unha oportunidade de divulgar, celebrar e dar a coñecer a nosa cultura e as nosas tradicións, as que nos fan ser o que somos, neste caso a través das cantareiras e a poesía popula oral, que serán homenaxeadas neste 2025. Jácome volve impor o seu criterio e en contra da súa proclamada liberdade, deixa á veciñanza unha vez máis, sen unha programación cultural e festiva ampla e diversa”.

⚙ Configurar cookies
0.17535185813904