O Campionato de Billarda regresa a Allariz con dúas citas en agosto

OurenseXa
O prazo para inscribirse estará aberto ata o 11 de agosto
Campionato-de-Billarda-de-Allariz
Campionato de Billarda de Allariz 2024
3 Aug 2025

A tradicional billarda volve ser protagonista do verán en Allariz coa celebración do seu campionato na Barreira. A cita, organizada en diferentes categorías, busca combinar deporte, tradición e diversión para todas as idades.

O torneo desenvolverase en dúas datas: o 16 de agosto para as categorías senior e feminino, e o 21 de agosto para a categoría infantil. As categorías están divididas por idades: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 17 anos) e senior (a partir de 18 anos).

Para participar é necesario inscribirse antes do 11 de agosto na Casa da Cultura. As persoas participantes deben formar parella e levar o seu propio pau e billarda.

O campionato propón unha actividade lúdica e aberta ao público, cun ambiente distendido e festivo, recuperando un xogo tradicional galego que segue a reunir xeracións arredor da competición e do bo humor.

⚙ Configurar cookies
0.17818903923035