O Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico disputarase este sábado en Castrelo de Miño
OurenseXa
O evento reunirá a un total de 12 clubs con 96 embarcacións.
25 Xan 2024
O deputado provincial Jorge Pumar, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles do Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico que se disputará o vindeiro sábado, 27 de xaneiro, en Castrelo de Miño. O evento deportivo reunirá a un total de 12 clubs con 96 embarcacións. Ese mesmo día tamén estará concentrada no albergue de Castrelo de Miño a Selección Galega de Remo polo que haberá preto de 500 deportistas na contorna.
No acto de presentación tamén estivo o alcalde e o concelleiro de Deportes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos e Jose A. Ferreiro, respectivamente; a presidenta do Club Náutico de Castrelo e representante da Federación Galega de Remo, Beatriz Alberte; e o xefe de servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez.