O campo da Penafita, en Amoeiro, estrea novo céspede artificial

OurenseXa
A nova superficie permite adestrar e disputar partidos en condicións óptimas durante todo o ano e, ademais, incorpora melloras técnicas
campo-futbol-a-penalfita-amoeiro
18 Dec 2025

O Concello de Amoeiro deu por rematadas hai uns días as obras de instalación do novo céspede artificial no campo de fútbol da Penafita, unha actuación que supón unha mellora significativa para a práctica deportiva no municipio.

A nova superficie permite adestrar e disputar partidos en condicións óptimas durante todo o ano e, ademais, incorpora melloras técnicas que contribuirán a reducir os custos de mantemento da instalación.

O terreo de xogo conta cunhas dimensións de 100 por 58 metros na área de xogo e de 104 por 61 metros na superficie total de céspede artificial. Estas medidas cumpren cos requisitos establecidos pola normativa deportiva da Real Federación Española de Fútbol, o que posibilita a práctica de fútbol 11 en sentido lonxitudinal e de fútbol 8 en sentido transversal.

Desde o Concello destacan que esta actuación responde á aposta municipal pola mellora das infraestruturas deportivas e por ofrecer espazos axeitados para a práctica do deporte en Amoeiro.

⚙ Configurar cookies
0.079948902130127