O campus acolle unha xuntanza do alumnado de Enxeñaría Agraria e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

OurenseXa
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León
xuntanza_uvigo_leon
Xuntanza de alumnado de Enxeñaría Agraria e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos da UVigo e de León no Campus de Ourense
12 Mar 2024

A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado de cuarto curso dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León. No encontro, o estudantado, máis de medio centenar, falou dos seus respectivos plans de estudos e actividades e dialogou sobre temas relacionados coas súas titulacións. Logo de visitar a Facultade de Ciencias, achegáronse á planta piloto de industrias agroalimentarias do campus, onde ademais das instalacións e tecnoloxías dispoñibles puideron coñecer de primeira man o traballo que realiza o grupo de innovación docente InfoTecAl, centrado no eido da tecnoloxía de alimentos.

Á súa chegada, o alumnado e profesorado da Universidad de León, arredor dunha vintena de persoas, foi recibido por Pedro Araújo, decano da Facultade de Ciencias da UVigo, acompañado de profesorado do campus. O responsable académico agradeceu a visita e puxo en valor tanto as titulacións que se imparten no seu centro como o traballo investigador que nel se realiza. A visita do alumnado leonés enmárcase na saída anual que realizan fóra da súa provincia para coñecer entidades de interese nas súas áreas de estudo, elixindo nesta ocasión Galicia.

0.15984487533569