O Campus Auga queda oficialmente acreditado como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia

OurenseXa
A concesión ten unha vixencia de tres anos
Campus_Auga_Ourense
Edificio Campus da Auga
9 Feb 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia pola que se acredita o Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia.

Tal e como recolle o DOG, en febreiro de 2022 a Universidade de Vigo presentou a solicitude e documentación para a acreditación do seu Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos e alimentación. Iniciouse entón un procedemento que culmina agora con esta resolución e tras a presentación á Secretaría Xeral de Universidades dun informe final favorable por parte do comité de avaliación designado para este proceso.

A acreditación esténdese por un período de tres anos. A súa vixencia e efectos, recóllese no DOG, estarán suxeitos ao seguimento das condicións indicadas, de acordo co informe final do comité de avaliación, nas áreas de gobernanza, docencia, investigación, transferencia e innovación. “O campus debe enfocarse en continuar o camiño na senda da especialización que lle permita acadar unha mellora substantiva nos diferentes ámbitos implementado progresivamente as accións da proposta presentada e facendo especial fincapé no que se refire tanto á organización e planificación das actividades docentes como de investigación e transferencia de resultados ao sector produtivo”, sinálase na resolución.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.093775033950806