O campus de Ourense celebra esta fin de semana o seu X Torneo Internacional de Xadrez

OurenseXa
A cita oferta 120 prazas para as modalidades de rápidas e lóstrego e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres
Imaxe recurso de xadrez
12 sep 2024

O pavillón universitario do Campus de Ourense acolle durante os días 14 e 15 de setembro o X Torneo Internacional de Xadrez, unha cita organizada polo club Xadrez Ourensán Universitario e a Universidade de Vigo, que conta ademais co patrocinio do Concello de Ourense e a Diputación Provincial.

A cita oferta 120 prazas para as modalidades de rápidas e lóstrego e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres, 13 de setembro, véspera do torneo.

Entre as e os participantes estarán tres grandes maestres como son David Lariño, Ibragim S. khamrakulov e Aleksa Strikovic

O sábado, 14 de setembro, será o turno do Torneo de Rápidas, que comezará ás 10.30 horas e desputarase mediante o sistema suízo a nove rondas. en  total, entregaranse 1.775 euros en premios. Pola súa banda, o domingo terá lugar o Torneo Lóstrego, que se disputará polo sistema suízo de dez rondas e que repartirá 725 euros en premios.

0.1303288936615