O campus de Ourense entregou os Premios TFG José Manuel Pérez Canal

O Campus de Ourense entregou este martes o Premios TFG José Manuel Pérez Canal do Campus de Ourense. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou na entrega destes galardóns que levan o nome do falecido presidente da Confederación Empresarial de Ourense como referente pola súa traxectoria e valores.
Con estes premios, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e o Colexio de Economistas de Ourense, co apoio da Deputación de Ourense, distinguen ás futuras xeracións de empresarios que se están formando na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
Os primeiros premios desta edición foron para o traballo Desenvolvemento e validación dunha ferramenta para a avaliación da rendibilidade social en proxectos turísticos: aplicación ao destino Ourense Termal, realizado por Iago Barreiro e Santiago Pérez, para o traballo O acceso aos servizos bancarios na provincia de Ourense, do alumno do PCEO Grao en ADE e Dereito Miguel Nogueiras, e para o TFG A promoción turística de Galicia en series de televisión: narrativas de intriga e Camiño de Santiago como reclamo, de Sara Rial.