O Campus de Ourense homenaxeou a Alfonso Cid Sabucedo

OurenseXa
A comunidade universitaria recoñeceu a súa labor nun acto no que se descubriu unha placa no paseo entre os edificios de Ferro e Politécnico, xunto ao centro onde desenvolveu gran parte da súa carreira profesional
homenaxe-alfonso-cid-sabucedo
Homeaxe a Alfonso Cid Sabucedo
21 Jun 2025

Este mércores descubriuse unha placa en honra a Alfonso Cid Sabucedo no campus de Ourense, nun acto que reuniu a familiares, amizades e membros da comunidade universitaria para render homenaxe a este “mestre de mestres”. A placa foi colocada no paseo entre os edificios de Ferro e Politécnico, ao carón do centro onde desenvolveu gran parte da súa traxectoria profesional.

Durante a cerimonia, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Isabel Mociño, decana da Facultade de Educación e Traballo Social; e Adolfo Pérez Abellás, compañeiro e amigo de Alfonso Cid, lembraron a súa traxectoria e legado. Alfonso Cid dedicou a maior parte da súa vida á formación de futuros docentes, pasando por institucións como a Escola Normal de Maxisterio de Ourense, a Escola Universitaria de Formación do Profesorado, a UNED de Pontevedra e, finalmente, a Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense.

Tamén se destacou o seu papel na separación da Universidade de Vigo da de Santiago, impulsando o fortalecemento do campus de Ourense e a creación dun centro asociado da UNED na cidade. Ademais, foi un referente na creación de grupos de investigación en Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación en Educación, así como en cargos de xestión universitaria e política.

0.17016696929932