O campus de Ourense iniciou o ano captando novos alumnos

OurenseXa
Esta semana, máis de 500 mozos de distintos institutos da provincia tiveron a oportunidade de coñecer as diferentes facultades do campus
portas-abertas-uvigo-campus-de-ourense
17 Jan 2026

Este martes e mércores, o campus de Ourense acolle unha nova edición das súas xornadas de portas abertas dirixidas ao alumnado de Bacharelato. Arredor de 535 rapaces e rapazas de diversos institutos da provincia puideron visitar as facultades, escolas e servizos do campus, así como coñecer as opcións de estudos que poden cursar se deciden estudiar alí.

No primeiro día asistiron 285 estudantes de centros como o IES Lagoa de Antela, IES de Allariz ou CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada, entre outros, mentres que no segundo quenda reuníronse outros 250 alumnos de institutos como o IES Xesús Taboada Chivite de Verín ou o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Estas xornadas forman parte dunha iniciativa que xa tivo unha primeira fase en decembro con máis de 200 participantes.

A actividade está organizada pola Vicerreitoría do campus, co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade da Universidade de Vigo. Durante a benvida, o vicerreitor Francisco Javier Rodríguez animou aos mozos a aproveitar a visita para aclarar as súas dúbidas sobre o seu futuro académico e profesional. Destacou a calidade educativa, a proximidade do profesorado e a boa inserción laboral que ofrecen as titulacións do campus ourensán.

O alumnado puido escoller entre dúas rutas para coñecer as titulacións, segundo os seus intereses: unha orientada a ciencias sociais, humanidades e artes, e outra enfocada a ciencias e enxeñaría. Así, visitaron facultades como Dereito, Historia, Ciencias Empresariais ou a Escola Superior de Enxeñaría Informática, entre outras. Ademais, tiveron a oportunidade de explorar laboratorios e proxectos de investigación en áreas como intelixencia artificial ou arqueoloxía, e coñecer as instalacións comúns do campus, como a biblioteca ou as zonas deportivas.

Estas xornadas repetiránse máis adiante no curso académico para seguir achegando o campus a quen pronto deberá decidir o seu camiño universitario.

⚙ Configurar cookies
0.090578079223633