O Campus de Ourense pon en marcha a súa compaña de solidaria de Nadal

OurenseXa
Poderán doarse alimentos, libros e xoguetes ata o 12 de decembro nas entradas dos principais edificios do campus
campaña-solidaria-nadal-campus-de-ourense
22 Nov 2025

A UVigo puxo en marcha esta semana no campus de Ourense a campaña solidaria de Nadal para recoller alimentos, xoguetes e libros. As persoas interesadas, sexan ou non da comunidade universitaria, xa poden depositar as súas doazóns nos carriños que están situados nas entradas dos principais edificios do campus.

A iniciativa, organizada pola Vicerreitoría do Campus de Ourense en colaboración co Banco de Alimentos, Cruz Vermella e a Asociación Xuvenil Amencer, estará activa ata o 12 de decembro. Os carriños poden atoparse na entrada dos edificios Xurídico-Empresarial, biblioteca, pavillón de deportes, Politécnico e Edificio de Ferro.

Desde as entidades responsables lembran que se necesitan alimentos non perecedoiros como conservas, aceite, leite, galletas, alimentación infantil e, por ser época de Nadal, tamén produtos típicos destas datas. En canto a xoguetes e libros, piden que estean en bo estado, sexan novos ou usados, e que non sexan bélicos nin sexistas. Tamén fan fincapé na importancia de entregar xoguetes e libros destinados a mozas e mozos.

Os alimentos recollidos serán entregados ao Banco de Alimentos, mentres que os libros e xoguetes irán para Cruz Vermella e a Asociación Xuvenil Amencer.

⚙ Configurar cookies
0.075075149536133