O campus de Ourense pon en valor o compromiso activo da comunidade universitaria coa lingua
O Campus de Ourense foi elixido este ano para acoller o acto oficial da UVigo polas Letras Galegas. Na cita, ademáis de homenaxear á escritora coruñesa, Luisa Villalta, entregáronse os distintivos literarios e de galeguización, premiando con eles o compromiso activo da comunidade universitaria e dos seus centros co idioma propio de Galicia.
O evento, foi presidido por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e contou coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, aí como membros do equipo reitoral e protagonistas do acto, ademais de membros da comunidade universitaria e doutras institucións. Reigosa destacou que este día “é unha oportunidade para celebrarmos a cultura galega e o feito de ser galego", e recalcou o compromiso estratéxico coa lingua e a cultura galegas da institución académica. Pola súa banda, Valentín García destacou que “a lingua é o maior tesouro cultural que pode ter un pobo”.