O Campus de Ourense presenta un proxecto europeo para o aproveitamento de residuos agroforestais
O campus de Ourense lanza o proxecto europeo Valorización integral de residuos agroforestais: novas biorrefinerías multiproduto escalables (Newpower), liderado desde a UVigo en colaboración con once socios de España, Francia e Portugal.
O proxecto conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros e está destinado á resolución del problemas asociados á alta xerción de residuos agroforestais "que se acumulan cada vez en maior medida debido ao abandono do medio rural e que causan unha gran cantidade de incendios", sinalan desde o campus.
Cunha duración de tres anos, a iniciativa conta coa financiación do Programa Interreg Sudoe a través do Fondo Feder da Unión Europea.
Newpower dá continuidade e enmárcase no traballo que o grupo de investigación Biorrefinaría e Valorización de Biomasa (Bio2Val) desenvolve dende hai máis de 20 anos arredor do emprego de biomasa vexetal para obter diversos compostos de valor engadido (biocarburantes, ingredientes para a industria alimentaria, etc), indican desde a UVigo.
Para os seus responsables, o carácter innovador deste proxecto radica “no aproveitamento dos residuos agrícolas e forestais dunha maneira integral, reutilizándoos en lugar de eliminalos”.
O proxecto plantea solucións para xestión sostible de residuos agrícolas e forestais mediante a colaboración público privada a través da crecación de novos procesos de conversión cos que se pretende obter “atractivos produtos biofuncionais para ser utilizados en industrias alimentarias, farmacéuticas, biotecnolóxicas e na agricultura ecolóxica”.