O campus de Ourense pon en marcha un coro infantil
O Coro Universitario do Campus de Ourense (CUCO) contará por primeira vez cunha sección infantil. Baixo o nome de Coro Infantil Cuquiños, contará con arredor de 45 prazas.
“Con gran ledicia e ilusión, presentamos esta nova actividade do campus de Ourense na que a Universidade volve a abrir as súas portas á cidadanía, neste caso aos máis pequenos e pequenas”, destacou Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, na presentación da iniciativa.
O coro, explican desde a UVigo, xorde para fomentar o carácter interxeracional do CUCO. “Dende sempre o Coro Universitario Campus Ourense deulle moito valor a intentar crear un coro interxeracional, aberto a cidadanía de Ourense, onde se xunta o alumnado da Universidade e estranxeiro con profesorado, traballadores da UVigo e persoas de distintas entidades que lle dan un carácter estable ao coro”, sinalan dende a organización.
Desde o Coro Universitario Campus Ourense poñen en valor os beneficios que ten esta actividade para nenas e nenos, entre eles o desenvolvendo das habilidades musicais e sociais, as emoción e o sentido de pertenza.