O Campus Universitario Ourense Rugby Club pecha unha tempada chea de éxitos

OurenseXa
O club optaba este ano a xogar o ascenso á división de honra B estatal pero, a igual que ocorreu en anos anteriores, renunciaron a facelo
Campus Ourense Rugby
Campus Ourense Rugby
27 Maio 2024

O Campus Universitario Ourense Rugby Club acaba de rematar unha "tempada redonda" chea de éxitos e con uns excelentes resultados.

Entre os títulos acadados este ano destacan o título de campión da Liga galega sénior 15, da primeira división rexional, e a copa Xunta de Galicia na modalidade de rugby 7, acabando en ambas invicto. A este logros súmanse os resultados conseguidos nas competicións universitarias tanto intercampus, como galega e estatal.

O club optaba este ano a xogar o ascenso á división de honra B estatal pero, a igual que ocorreu en anos anteriores, renunciaron a facelo.

 

 

 

0.19303798675537