O CD Velle proclamouse este domingo subcampión da Copa Deputación de Fútbol

OurenseXa
O CD Barco impúxose no Couto por 6 a 2
cd-velle-copa-deputacion
2 Jun 2025

O estadio do Couto acolleu este domingo a final da Copa Deputación de Fútbol, un evento que enfrontou ao CD Barco fronte ao CD Velle, cun resultado de 6 a 2, con vitoria para os de Valdeorras, que lograron o título de Campións.

Logo dunha tempada de éxito, os de Velle rematan cun merecido posto de Subcampións da Copa Deputación nun encontro no que a afección envorcou co equipo, que rozou o primeiro posto durante gran parte da primeira parte do partido, cunha vantaxe de dous goles a cero. Os de Valdeorras lograron chegar empatados ao descanso, e impuxéronse na segunda parte.

⚙ Configurar cookies
0.17298293113708