O CIMM de Ourense trasládase desde mañá á rúa Vasco da Ponte

OurenseXa
O actual edificio do CIMM precisa dun investimento de ao redor de 200.000 euros, para erradicar a presenza do gas radón
CIM-Ourense
Centro de Información Municipal ás Mulleres de Ourense
24 Xuño 2024

O Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) do Concello de Ourense traslada desde mañá, martes, día 25 de xuño as súas dependencias ao baixo do edificio emprazado na rúa Vasco da Ponte, número 1.

O actual edificio do CIMM precisa dun investimento de ao redor de 200.000 euros, para erradicar a presenza do gas radón.

Inicialmente, o Concello quería trasladar o CIMM á Praza de San Martiño e abandonar as isntalacións. Sen embargo, o Pleno do Concello logrou blindar o Centro de Información Municipal ás Mulleres coas firmas do PSOE, BNG e PP, poñendo freno ao intento por parte do executivo de Gonzalo Pérez Jácome de pechar este centro.

O texto reclamaba que o executivo local acometera as obras imprescindibles  para a eliminación de gas radón que necesitan as instalacións e que unha vez rematadas volvan a ofertarse todos os programas e servizos que se prestaban no mesmo edificio.

"O centro cumpría os requisitos de confidencialidade e privacidade que necesitan as persoas que acoden en busca de información ou amparo, e que en moitas ocasións son vítimas de violencia de xénero ou se atopan en risco de exclusión social", lembraban os socialistas. Por iso, o pleno reclamou que mentres non remate a intervención, se situe o CIMM nun lugar que permita a continuidade de todos os programas e a atención que ata a actualidade se viñan ofrecendo, sen que supoña unha merma da calidade para a atención ás usuarias e as empregadas do mesmo.

 

 

0.19363808631897