O circuíto Correndo por Ourense continuará o 24 de maio coa carreira nocturna do Couto

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, continúa o vindeiro domingo 24 de maio no barrio do Couto.
A tradicional carreira nocturna comezará ás 22.00 horas coa saída dos máis pequenos e estenderase durante parte da noite polas rúas do barrio. O prazo de inscrición xa está aberto e conta con preto de 200 persoas anotadas.
Na primeira carreira do circuíto, que tivo lugar no barrio do Vinteún, participaron un total de 933 corredores e corredoras de todas as idades.
Despois da do Couto terá lugar a carreira Ourense Centro, o 7 de xuño e, o 29 de xuño, o Trail Oira - San Tomé. Seguirán o circuíto a de Mariñamansa, o 7 de setembro, a da Ponte o 19 de outubro e, para rematar, a da Carballeira.