O ‘Circuíto provincial de cine de verán 2025’ achegará 5 películas a 30 concellos ourensáns

OurenseXa
As sesións, que se estenderán ata o 30 de setembro, incluirán películas como ‘As Neves’, ‘Antes de Nós – Castelao’, ‘Os demos de Barro’ e a cinta de animación ‘Chicken Run – Amanecer de los Nuggets’
presentacion-ciclo-de-cine-de-veran
Presentación do ‘Circuíto provincial de cine de verán 2025’
30 Jul 2025

A Deputación de Ourense pon en marcha o ‘Circuíto provincial de cine de verán 2025’, unha iniciativa que levará proxeccións ao aire libre a unha trintena de concellos da provincia. O programa, enmarcado dentro da estratexia cultural do ente provincial, busca dinamizar o rural e fomentar o acceso á cultura en espazos non urbanos.

As sesións, que se estenderán ata o 30 de setembro, inclúen cinco películas para todos os públicos, entre as que destacan títulos galegos como ‘+ Cuñados’, rodada en Ourense, e outras como ‘As Neves’, ‘Antes de Nós – Castelao’, ‘Os demos de Barro’ e a cinta de animación ‘Chicken Run – Amanecer de los Nuggets’.

O deputado de Cultura, César Fernández, salientou que a proposta reforza o compromiso da Deputación co sector audiovisual e co desenvolvemento cultural no rural. Tamén puxo en valor o traballo conxunto con entidades como Agadic, Gadis e os organizadores do cine de verán, representados por Xoán Mariño.
Cada filme contará cunha itinerancia por diferentes municipio.

Así, ‘+ Cuñados’ chegará ás localidades de Barbadás, Maside, Nogueira de Ramuín, Celanova, Vilariño de Conso, O Bolo, Melón e Sarreaus. ‘As Neves’ poderá verse en Viana do Bolo, Castrelo de Miño, Piñor, Avión, Montederramo e San Xoán de Río. ‘Antes de Nós -Castelao’ estará en Verea, Vilar de Barrio, A Peroxa, Cartelle, Maceda, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. ‘Os demos de Barro’ exhibirase en Bande, Baños de Molgas e Allariz. E, por último, ‘Chicken Run – Amanacer de los Nuggets’ en Boborás, Esgos, Paderne de Allariz, A Mezquita e Carballeda de Avia.

⚙ Configurar cookies
0.17207908630371