O Clinic de Baloncesto consolídase como cita de referencia na formación de técnicos de toda Galicia
O Clínic de Baloncesto, organizado pola Deputación Provincial de Ourense, da man da Federación Galega de Baloncesto e a Escola Galega de Adestradores (EGA), arrancou este xoves, 28 de xuño, logo de 12 anos de parálise.
A institución provincial recupera así o seu Clínic de Baloncesto que chega xa a súa XXIV edición “para continuar a ser a cita de referencia na formación de técnicos de toda Galicia”, salienta o presidente da Deputación, Luis Menor.
Durante a xornada deste xoves, o Clínic centrouse nun Observatorio aplicado ao Baloncesto sobre temáticas moi específicas con catro relatorios monográficos sobre a evolución de grupo en competicións FIBA: secretos de un ouro, o desenvolvemento do talento enfocado ao alto rendemento, a comunicación e interrelación do PF dentro do staff, e sobre como construír un equipo desde a cabeza de un adestrador.
Nas vindeiras xornadas, que terán lugar este sábado, 29 de xuño, e o domingo, 30 de xuño, celebrarase o Clínic convencional en varias sesións, con charlas prácticas en pista de reputados profesionais que se centrarán en diferentes temáticas.