O Club Deportivo Lugo Genuine participa na primeira xornada da segunda edición de 'A Nosa Champions'

GaliciaXa | LugoXa | OurenseXa
A iniciativa da Federación Galega de Fútbol reuniu equipos de toda Galicia en Ourense nunha xornada marcada pola inclusión e os valores deportivos
Cd-Lugo-Genuine-Ourense
13 Apr 2026

O Club Deportivo Lugo Genuine participou esta fin de semana na primeira xornada da segunda edición de 'A Nosa Champions', unha iniciativa organizada pola Federación Gallega de Fútbol que volveu reunir a diferentes equipos de toda a comunidade arredor dos valores do deporte inclusivo.

A xornada celebrouse en Ourense, onde os xogadores lucenses desfrutaron dun día especial compartindo experiencias, convivencia e fútbol co resto de equipos galegos participantes. Máis alá da competición, o evento destacou novamente polo seu ambiente de respecto, compañeirismo e integración, piares fundamentais desta iniciativa.

No plano deportivo, o equipo albivermello asinou unha actuación destacada, conseguindo a vitoria nos tres encontros disputados: 0-4 fronte á SR Calo, 0-5 ante o RC Celta e 2-3 contra o Pabellón Ourense CF. Porén, nunha xornada coma esta, os resultados pasan a un segundo plano, sendo o verdadeiramente importante a convivencia, a ilusión e os valores que transmite o fútbol.

Desde o club agradeceron á Federación Galega de Fútbol por contar co equipo nesta iniciativa inclusiva, que permite seguir fomentando o deporte como ferramenta de integración social e crecemento persoal.

0.11977410316467