O Club Marbel logrou seis medallas no Open Infantil de Jiu Jitsu de Castelló

OurenseXa
O equipo ourensán regresou a casa con cinco medallas de ouro e unha de prata
equipo-marbel-infantil
4 Jun 2025

O pasado sábado, 31 de maio, celebrouse nas instalacións deportivas de ‘Chencho’, en Castelló de la Plana (Comunidade Valenciana), o Open Infantil de Jiu Jitsu – Trofeo ‘Vicente Agramunt’, coa participación de catro novas promesas do Jiu Jitsu Club Marbel de Ourense.

As parellas formadas por Carla Seoane e Beatriz Nesi na categoría sub-16, e Álvaro Seoane xunto con Alicia Pazos na sub-12, competiron na modalidade de Dúo Kata, logrando ambas a medalla de ouro.

Ademais, os catro deportistas participaron na modalidade de Ne Waza, ou loita no chan, onde tamén acadaron grandes resultados: todos conseguiron medalla de ouro nas súas respectivas categorías, agás Alicia Pazos, que obtivo unha valiosa medalla de prata.

Esta foi a primeira experiencia a nivel estatal para estes novos competidores, que estiveron acompañados e dirixidos no tatami polos mestres Felipe Iglesias e Anita Fernández. Segundo Iglesias, actual seleccionador galego, “este torneo foi unha excelente proba de preparación de cara ao Open do Mediterráneo, que será a primeira experiencia internacional para estes catro loitadores”.

⚙ Configurar cookies
0.11936092376709