O Club Marbel regresa do Campionato Escolar de Judo Infantil e Cadete cunha prata e dous quintos postos

OurenseXa
O mellor resultado para o equipo foi a medalla acadada por Elena Domínguez Pliego na categoría cadete (-70 kg), coa que revalida o subcampionato conseguido o ano anterior
podio-escolar-cclub-marbel
30 Mar 2026

Este sábado, 28 de marzo, disputouse no pavillón do colexio San Narciso de Marín (Pontevedra) o Campionato Escolar de Judo nas categorías Infantil e Cadete de ambos os sexos, unha competición organizada pola Federación Galega e patrocinada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A cita reuniu centos de judokas galegos nacidos entre 2012 e 2013 na categoría infantil e entre 2009 e 2011 na cadete, entre eles dez representantes ourensáns do Gimnasio Marbel.

O mellor resultado para o equipo foi a medalla de prata lograda por Elena Domínguez Pliego na categoría cadete (-70 kg), coa que revalida o subcampionato conseguido o ano anterior. Na mesma categoría tamén participou Lucía Caneiro Basalo (-52 kg), que rematou en quinta posición.

En categoría infantil, Carla Seone Laso (-48 kg) obtivo igualmente unha meritoria quinta praza. Tamén competiron Yoel González González (-38 kg), Adriano Verdeal Da Silva (-38 kg), Nico González González (-55 kg), Izan Varela Rodríguez (-55 kg), Sergio Rodríguez Mojón (-66 kg) e César Fernández Valiñas (+66 kg). Na categoría cadete, ademais das citadas, participou Daniel Ferreiro Ferreiro (-66 kg).

O equipo Marbel contou coa asistencia no tatami dos mestres Felipe Iglesias e Anita Fernández, así como do mestre Manuel Montero. Iglesias destacou “o bo nivel competitivo dentro dun durísimo torneo, no que se nos escaparon dúas medallas máis por detalles”.

0.14223098754883