O Club Ourense Atletismo acadou o primeiro posto na categoría feminina na XX Copa Absoluta de Clubs Indoor

OurenseXa
O equipo feminino do Club Ourense Atletismo acadou o podio na súa categoría, seguido da S.G. Pontevedra e do Real Club Celta
XX Copa Absoluta de Clubs Indoor
13 Jan 2025

Os mellores atletas galegos déronse cita na capital das Burgas este sábado, 11 de xaneiro, na XX Copa Absoluta de Clubs Indoor, na que participou o Club Ourense Atletismo, con representación tanto na categoría feminina como na masculina.

Os outros clubs participantes foron, na categoría masculina o Atletismo Narón Atletismo Santiago, R.C. Celta, Atletismo Sada, S. G. Pontevedra, Lucus Caixa Rural Galega, e Marineda Atlético. Pola súa banda, na categoría feminina competiron o Club Atletismo Narón, o Lucus Caixa Rural Galega, o Riazor Coruña, a S. G. Pontevedra, o Club Atletismo Sada, o Ría Ferrol e o Atletismo Feminino Celta.

O equipo feminino do Club Ourense Atletismo acadou o podio na súa categoría, seguido da S.G. Pontevedra e do Real Club Celta, que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente.

Na categoría masculina, o primeiro posto foi para o Real Club Celta, o segundo para a S.G. Pontevedra e o terceiro para o Club Atletismo Sada.

0.16698288917542