O Club Ourense Atletismo brillou no Campionato Galego de 10.000

O Club Ourense Atletismo regresou con excelentes resultados do Campionato Galego 10.000 absoluto, máster e sub13 e de 5.000 sub20 e sub18, que se celebrou na pista universitaria de Santiago de Compostela.
Itzíar Manso obtivo a medalla de ouro en 10.000 absoluto cunha marca de 36:33.82 e Sabela Castelo quedou segunda nos 5.000 Sub18 con 17:10.40 . En canto aos atletas da categoría masculina, Pablo Losada quedou segundo en M35 e en décimo sesta posición na categoría absoluta, con 36:58.40. Pola súa conta, Martín Míguez foi sétimo absoluto cunha marcha de 36:33.82, mentres que Saturnino González logrou o ouro na categoría Sénior e a vixésima posición na categoría absoluta, cunha marcha de 37:59.40. Tamén competiu o atleta do Club Ourense Atletismo, Miguel Ángel Álvarez, que non puido rematar a carreira.