O Club Ourense Atletismo logra sete medallas nos campionatos autonómicos escolares

OurenseXa
O Club obtivo ademais unha medalla de bronce no Campionato de España de marcha en ruta
trofeos-campionato-xunta-atletismo-escolares
12 Mar 2025

O Club Ourense Atletismo rematou os campionatos autonómicos en idade escolar cun total de seis medallas. Uns excelentes resultados para o club ourensán, que tamén obtivo a pasada fin de semana unha medalla de bronce no Campionato de España de marcha en ruta celebrado en Marín, no que Icía Ares logrou un excelente resultado na categoría sub18 de 10 quilómetros.

En canto aos escolares, na categoría sub10 Maeloc Barreiro gañou os 50 lisos con 7.78 e a lonxitude con 3.57, mentres que Alejandro Cid foi bronce nos 1.000 metros. En sub12 Marta Domínguez, foi bronce na altura grazas a pasar o 1.19 na segunda tentativa, seguida de Olivia Currás, na cuarta posición, con 1.15. No campionato sub14, onde o ambiente comeza a ser máis competitivo, Aroi Fernández foi segundo nos 1.000 metros con 3:07.66.

Os dous ouros para o Ourense Atletismo chegaron na pértega da man de Marco Pereira, que venceu con 2.30, Paula Carrión con 3.01, mellorando a marca coa que se clasificou para o Campionato de España que se celebrará a próxima fin de semana en Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.73299217224121