O Club Ourense Atletismo regresa do Campionato de Galicia Sub 20 con cinco ouros
O Club Ourense Atletismo regresa do Campionato de Galicia Sub 20 celebrado esta fin de semana en Compostela con 12 podios e un total de cinco ouros.
Hugo Fernández venceu en martelo (6 kg.) con 52.88, nun podio no que estivo acompañado por Daniel Villanueva, quen lanzou 48.03. Daniel foi tamén prata en disco de 1.750 kg. con 25.48 e bronce no peso cun mellor lanzamento de 10.08. Os lanzamentos femininos deixounos a vitoria de Blanca Pereira, quen fixo o esperado co martelo de 4kg. gañando cunha marca de 51.31.
Leyla Villar gañou os 800 metros cunha marca de 2:19.73. Esta atleta tamén conseguiría a prata nos 3.000 con 10:01.59 e o bronce no 4×100 con 54.05, nun equipo formado por esta atleta máis Manuela Blanco, África Gómez e María Villaverde (do filial Ames). Nos 3.000 obstáculos masculinos foi bronce Matías Regueiro con 10:01.75.
Manuela Blanco obtivo o dobrete, xa que ademais da prata no 4×100 conseguiu o ouro en pértega venceu con 3.85. Continuando coas probas de listón, María Aguiar en salto de altura venceu grazas ao seu salto de 1.52 á primeira.
En saltos horizontais, Rodrigo Díaz obtivo a prata cun mellor intento de 5.72.