O Club Ourense Atletismo regresa do Galego Sub18 con seis medallas

OurenseXa
As atletas ourensás amasaron o sea enorme potencial e a súa boa forma física neste campionato, no que obtiveron un total de dous ouros, dúas pratas e dous bronces
Club-ourense-atletismo
O Club Ourense Atletismo regresa do Campionato Galego Sub18 con seis medallas
12 Xuño 2024

O Club Ourense Atletismo está de celebración tras acabar seis medallas no campionato Galego Sub18 celebrado esta fin de semana, que ascenden a nove contando as das probas de relevos.  O club amosou o seu enorme potencial e a boa forma das súas atletas, que fixéronse con seis podios.

As medallas foron para Laura Freire Viñas, que conseguiu o bronce nos 1o0 metros, Naroa Pereira Tesouro, que obtivo a prata nos 800 metros, Noa Rey Bravo, cunha medalla de ouro nos 400 valos, Ana Nóvoa Vázquez, cun bronce en peso, e Icía Ares Betanzos, cun ouro nos 5.000 marcha. Ademáis, o equipo 4×100 feminino obtivo a prata na súa categoría.

0.19451498985291