O Club Ourense Baloncesto impúxose ao CB Santfeliuenc na cuarta xornada da Copa España

OurenseXa
Os ourensáns lograron a vitoria cunha vantaxe de 40 puntos
Partido COB
23 Oct 2024

Club Ourense Baloncesto gaña a CB Santfeliuenc por 119-79 no partido correspondente á xornada 4 da Copa España celebrado no Paco Paz.

Os de Moncho López lograron unha nova vitoria ante un conxunto catalán moi combativo.
O resultado final non é de todo fiel ao visto na pista, xa que por momentos o equipo visitante despregou un gran xogo grazas a súa gran intensidade o que provocou o desfonde físico nun último cuarto no que o Club Ourense Baloncesto non perdoou e anotou 38 puntos.

O máis destacado do conxunto cobista foi Samu Rodríguez, que acadou os 47 de valoración con 34 puntos, 10 rebotes e 9 faltas recibidas.
O seguinte partido será este sábado ás 18:30 no Paco Paz contra o Inveready Gipuzkoa da Primeira FEB.

0.17182397842407