O Club Sincro Ourense ofrece unha exhibición de natación artística en Barbadás

As piscinas municipais Os Carrís acollerán esta tarde unha exhibición de natación artística por parte de Sincro Ourense. O espectáculo comezará ás 16:00 horas.
Dende o Concello lembran aos usuarios e usuarias das instalacións municipais que as nadadoras ocuparán só unha parte da piscina grande, polo que o baño no resto do espazo estará permitido ao público en xeral.