O Club Voleibol Ourense ascende á Superliga Feminina 2

O Club Voleibol Ourense logrou este domingo a vitoria na gran final da súa categoría contra o Sant Quirze del Vallès, logrando o título nacional de Primeira División Feminina. O aceites abril regresa asía á Superliga Feminina 2, tras vencer nos tres sets ao conxunto catalán no polideportivo do Pompeo.
Unha vitoria á que se sumou tamén o título de xogadora máis valiosa do torneo, que recaeu na colocadora do conxunto ourensán, Patri González.