O Club Ximnasia Pavillón acada oito ouros no Campionato de España disputado en Pamplona

OurenseXa
O palmarés alcanzado por estes xóvenes deportistas ourensás, de entre 6 e 14 anos, contempla un total de 8 ouros, 4 pratas e 3 bronces, así como o primeiro posto na categoría de trampolín por equipos
O Pazo Provincial recibe ao Club Ximnasia Pavillón
4 Xuño 2024

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, acompañado polo director desta área da Deputación, Marcos Vázquez Guzmán, recibiron esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial ao equipo de elite do Club Ximnasia Pavillón, logo dos excelentes resultados que veñen de acadar no Campionato de España disputado en Pamplona.

O palmarés alcanzado por estes xóvenes deportistas ourensás (de entre 6 e 14 anos) contempla un total de 8 ouros, 4 pratas e 3 bronces, destacando o primeiro posto na categoría de trampolín por equipos. O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, transmitiulles os merecidos parabéns en nome de toda a provincia, “pois co voso traballo, esforzo e competitividade levades o nome de Ourense ao máis alto do deporte a nivel nacional”.

0.1565990447998