O Club Ximnasia Pavillón triunfa na primeira fase provincial da Copa Deputación

OurenseXa
O conxunto ourensán regresou a casa con un total de 14 medallas
club-ximnasia-pavillon
23 Mar 2026

O Club Ximnasia Pavillón brillou na primeira fase provincial da Copa Deputación celebrada en Xinzo de Limia, deixando patente o alto nivel das súas ximnastas en todas as categorías, cun total de 14 medallas.

Na competición por conxuntos, o club conseguiu posicións destacadas: os equipos sénior lograron o primeiro e segundo posto, o cadete fíxose co ouro, o infantil acadou a prata e o bronce, mentres que o conxunto de iniciación foi campión.

Na modalidade individual, as ximnastas do club tamén se destacaron. En sénior o club conseguiu o ouro; en cadete, ouro e prata; en infantil, prata e bronce; e en alevín acadáronse os tres postos do podio.

0.080828189849854