O club Ximnasio Estudio A Valenzá colabora na organización do Campionato Galego de Nihon Tai-Jitsu

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá no acto de presentación do campionato galego de Nihon Tai-Jitsu que se desenvolveu esta mañá no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.
O torneo, que se celebrará o sábado 5 de abril a partir das 11:30 horas, no polideportivo do colexio público de Quins, concello de Melón, será a edición número 16 , que por primeira vez terá na provincia de Ourense, xa que todas as edicións anteriores se celebraron no norte da Comunidade Autónoma.
Esta disciplina das artes marciais especializada en técnicas de defensa persoal, está encadrada dentro da federación galega de karate. Ao campionato calculase que asistirán un cento de deportistas de toda Galicia que participarán na modalidade competitiva de kata individual. En todas as categorías dende os mais pequenos, os benxamíns, hasta os sénior. Resaltar que compiten conxuntamente homes e mulleres, xa que esta disciplina das artes marciais defende a igualdade e a non discriminación de xénero e as categorías son conxuntas, feminina e masculina.
Este campionato está organizado polo departamento de Nihon Tai-Jitsu da Federación Galega de Kárate e o club Ximnasio Estudio A Valenzá, conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da súa Xefatura provincial de deportes, o concello de Melón e a Deputación Provincial de Ourense.