O COB lanza a campaña de aboados para a tempada 2024-2025

OurenseXa
O Club Ourense Baloncesto márcase como obxectivo chegar aos dous mil socios nas vindeira tempada
COB
COB
29 Maio 2024

O Club Ourense Baloncesto lanza a campaña de aboados para a vindeira tempada 2024-2025 coa que pretende chegar aos dous mil socios.

O abono incuirá os 8 partidos que se xogan no Paco Paz na segunda volta, e en caso de disputarse os Playoffs (debido ao formato de Final Four que só hai unha rolda eliminatoria) estes non están incluidos, pero os abonados disfrutarán dun precio especial.

Ademáis, desde o club informan que as persoas que adquiran o seu abono de socio durante a vindeira semana poderán asistir ao último partido da primeira volta contra Valladolid.

Os novos abonos poderán solicitarse de maneira online na páxina do clube e recoller o carnet físico posteriormente nas oficinas, ou ben facelos presencialmente nas mesmas, mentres que ps novos aboados con desconto deberán facelo directamente na oficina presentando a documentación correspondente.

0.19483685493469