O COB presenta ao seu primeiro equipo sénior feminino

O Club Ourense Baloncesto contará esta tempada, por primeira vez na súa historia, cun equipo feminino sénior. O conxunto, competirá na Segunda División Autonómica, foi presentado oficialmente esta mañá nun acto no que estivo presente o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Pardo destacou o compromiso desta entidade a prol do desenvolvemento e a promoción do baloncesto feminino na nosa provincia a través dun proxecto deportivo máis inclusivo, igualitario e con vocación de futuro.
Pola súa banda, dende o club aseguran que esta iniciativa é un paso máis no seu compromiso de crecemento institucional. Agora, e por primeira vez en 50 anos, o conxunto terá un equipo feminino sénior federado.