O colectivo eXXperimenta en Feminino pon en marcha a iniciativa ‘Exploradoras do Universo’
O colectivo eXXperimenta en Feminino, composto por profesoras e investigadoras de Ciencias, Enxeñaría Informática e Aeroespacial do campus de Ourense, pon en marcha unha nova iniciativa divulgativa. Trátase dunha serie de vídeos titulada Exploradoras do Universo nas que se recolle a biografía e logros de mulleres que co seu coñecemento e traballo axudaron a que a humanidade pisara a Lúa, explican desde a universidade.
A serie está composta por seis vídeos nos que se recolle a biografía e logros de Valentina Tereshkova, Christine Darden, Frances Northcutt, Galina Balashova, Mary Sherman e Rita Rapp.
Os videos están especialmente pensados para a súa proxección en centros educativos, co fin de dar a coñecer ao público “referentes de mulleres científicas dunha forma amena”.