O Concello achega os escolares da cidade ao “Ourense Literario” a través dun ciclo de visitas didácticas

OurenseXa
As alumnas e alumnos do IES Blanco Amor participaron na primeira das rutas
Ourense_literario
Alumnas e alumnos do IES Blanco Amor no ciclo
19 Feb 2024

O Concello achega os escolares dos centros educativos da cidade ao “Ourense Literario”, a través dun ciclo de visitas didácticas. Esta mañá, alumnas e alumnos do IES Blanco Amor participaron na primeira das rutas, que comezou nas Burgas e percorreu diferentes espazos no Centro Histórico que contan cunha importante significación literaria por seren escenario de novelas, espazos de creación artística e actividade editorial, amais de ser os lugares onde viviron e desenvolveron  a súa obra autores como Otero Pedrayo, Padre Feijóo, Xaquín Lorenzo “Xocas”, Eduardo Blanco Amor o Florentino Cuevillas.

A actividade está organizada pola Concellería de Educación, coa colaboración da oficina Municipal de Turismo, co obxectivo de que mozos e mozas coñezan a estreita relación que existe entre a cidade de Ourense e a Literatura. Contará coa participación, ao longo das próximas semanas, de 412 estudantes de Secundaria dos centros educativos da cidade. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu esta mañá ao inicio da actividade, que forma parte do programa municipal “Coñece a túa cidade”.

0.21667289733887