O Concello aproba cambiar o nome da Glorieta Curros Enríquez

OurenseXa
A partir de agora, a glorieta pasa a cahamarse oficialmente "Glorieta da Policía Nacional"
glorieta-curros-enriquez-policia-nacional-ourense
Edificio da Policía Nacional de Ourense
15 Nov 2024

O Concello de Ourense aproba darlle o nome da Policía Nacional á glorieta situada nas proximidades da súa sede da cidade, denominada ata agora glorieta de Curros Enríquez.

Con esta iniciativa, o Concello de Ourense quere sumarse aos actos que durante este ano se desenvolven con motivo da celebración do 200 aniversario da creación deste corpo, e contribuír ao recoñecemento público do importantísimo labor que a Policía Nacional realiza a prol da seguridade e da convivencia cívica da cidade. Así o explicaba o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen puxo de manifesto que o cambio oficial de nome suporá “darlle un carácter oficial a unha denominación que xa viña usando por iniciativa propia a veciñanza da cidade”, dada a proximidade deste espazo á comisaría da Policía Nacional en Ourense, na rúa Mestre Vide.

0.17503094673157