O Concello aproba o expediente para contratar as obras da futura piscina de Berrocás

OurenseXa
O proxecto contempla a construción dunha gran área lúdica cun orzamento que supera o millón de euros
Concello-Ourense-recurso
19 Nov 2025

O Concello de Ourense aprobou esta mañana na Xunta de Goberno Local un total de 31 acuerdos, entre os que destaca o expediente para a contratación das obras do proxecto da nova área lúdica de Berrocás, que incluirá unha piscina. O orzamento de licitación para estas obras é de 1.094.324 euros.

Ademais, aprobáronse varios convenios de colaboración con entidades sociais para o ano 2025. O Concello destinará 50.000 euros a Cruz Vermella Española para un proxecto de acollida e atención inmediata a persoas vulnerables; 280.000 euros a Cáritas Diocesana para o comedor social; e 25.000 euros á Asociación Española contra o Cancro de Ourense para atención psicosocial a familias con persoas maiores con cancro en fase paliativa.

No ámbito da saúde, o Concello concedeu dúas subvencións nominativas, de 30.000 euros cada unha, á Asociación Comité Cidadán Anti-sida para un programa de redución de riscos en usuarios de drogas por vía parenteral, e á Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home para o financiamento dun proxecto educativo terapéutico de rehabilitación e inserción sociolaboral para persoas con condutas aditivas.

Por último, a Xunta de Goberno aprobou dous proxectos de modificación orzamentaria. O primeiro, con 2.531.972 euros, está destinado a elementos de transporte urbano, mentres que o segundo, con 300.000 euros, se destina a transferencias ao Consello Municipal de Deportes. Estas modificacións financiaranse co remanente de tesouraría para gastos xerais e deberán ser elevadas ao Pleno do Concello para a súa aprobación provisional, se procede.

⚙ Configurar cookies
0.076069116592407