O Concello aproba o plan de subvencións da Concellería de Saúde para os anos 2024 a 2026
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 25 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía no salón de plenos. Entre eles, aprobou 8 licenzas e proxectos urbanísticos e o plan de subvencións da Concellería de Saúde para os anos 2024 a 2026.
A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento tamén de que o Concello foi emprazado para comparecer en 5 procedementos diante dos xulgados do Contencioso Administrativos número 1 e 2, e Instrución número 1. Tamén deu conta dunha sentenza ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 2, que desestima un recurso contra unha resolución municipal e un decreto do número 1 que declara a finalización dun procedemento ordinario por desistencia do recorrente
Tamén esta mañá, a xunta de goberno local aprobou o nomeamento dos concelleiros que substituirán a Armando Ojea como representantes do Concello de Ourense en diferentes entidades. Así, José Ignacio González Pérez representará o Concello no comité executivo de Expourense e Antonio Fernández e Aníbal Pereira no seu padroado.
Aníbal Pereira representará tamén o Concello na UNED, no Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, no Parque Tecnolóxico de Galicia e na Fundación Otero Pedrayo, e José Ignacio González o fará na Fundación Blanco Amor, na Fundación Vicente Risco, e no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria