O Concello aproba o Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Asuntos Sociais entre 2025 e 2027
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe aprobar o Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Asuntos Sociais para os anos 2025 a 2027. Na mesma sesión, concedeulles licenzas á Xunta de Galicia para a execución de obras de mellora do centro Aspanas, en Velle, e a unha promotora para construír 4 vivendas unifamiliares no Cumial.
Na sesión, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos, tratáronse 25 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais
Licenzas
Conceder as licenzas urbanísticas de obra para os proxectos básicos e de execución de construción de 4 vivendas unifamiliares na rúa do Cruceiro, no Cumial
Conceder á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia a licenza urbanística de obra maior para o proxecto básico e de execución para obras de renovación de tellado, substitución de ascensor, cuberta e mellora de pista deportiva no “Centro ASPANAS”, na rúa Juan Fernández de Gres, en Velle
Disciplina
Declarar de oficio en situación de ruína e acordar a demolición, por parte da propiedade, dun inmoble na rúa Balneario
Infraestruturas
Recoñecer unha obriga a favor da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil por importe de 288,48 euros
Asuntos Sociais
Aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense para o período comprendido entre os anos 2025-2027
Xestión económica e orzamentaria
Aprobar 2 relacións de facturas correspondentes a gastos realizados en exercicios anteriores
Avogacía Consistorial
A Xunta Local deu conta de que o Concello foi emprazado para comparecer diante dos xulgados do Contencioso- Administrativo número 1 e 2, e do Social número 1, en 9 procedementos. Tamén tomou coñecemento de 3 sentenzas ditadas polo Contencioso número 1 e outras 3 do Contencioso número 2.