O Concello da Bola comeza o vindeiro luns o seu campamento de Nadal

O Concello da Bola organiza do 22 de decembro ao 7 de xaneiro seu Campamento de Nadal ‘Ludonadal 2025’, unha proposta pensada para que as crianzas poidan divertirse durante as vacacións escolares.
O Ludonadal incluirá xogos, obradoiros e diferentes actividades para os máis pequenos, que se desenvolverán en horario de 10:00 a 14:00 horas.
As inscricións están abertas ata este xoves, 18 de decembro e as persoas interesadas en anotar aos seus fillos e fillas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición chamando aos teléfonos 988 451 293 ou 604 037 952, ou ben enviando un correo a educacionfamiliar@concellobola.gal.