O Concello da Bola organiza a tradicional excursión a Pazolandia o 3 de xaneiro
OurenseXa
As inscricións están abertas ata o 19 de decembro

8 Dec 2025
O Concello da Bola organiza a xa tradicional excursión a Pazolandia destinada aos nenos e nenas do municipio que este ano terá lugar o 3 de xaneiro.
As familias interesadas en inscribir ás súas crianzas poderán facelo ata o 19 de decembro a través dos teléfonos 988 451 293 e 604 037 952, ou ben por correo electrónico, na dirección educacionfamiliar@concelloabola.gal.