O Concello dá luz verde á construción do novo edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica de Ourense

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde esta mañá á licenza urbanística para o proxecto básico e de execución do novo edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica do campus de Ourense da Universidade d Vigo. O proxecto ten un orzamento de licitación material de máis 6,7 millóns de euros.
O edificio levantarase na zona sur do campus ourensán, moi preto da Escola Infantil Concepción Saiz Otero. Trátase dun proxecto que parte da proposta gañadora do concurso de ideas convocado pola UVigo, asinada polos arquitectos Javier e Carlos Rodríguez Alcoba, do estudo García Rodríguez Alcoba Oficina de Arquitectura. O deseño, bautizado como O Camaleón, propón un espazo de 6.364,88 metros cadrados con instalacións pensadas tanto para a docencia como para a investigación.
En concreto, o novo edificio contará con dez laboratorios docentes, oito de investigación, unha nave taller e unha zona de reserva para necesidades futuras. Tamén se incluirán seis seminarios, 35 despachos, catro aulas para 50 estudantes, dúas para 70 e outras dúas para 100 persoas, ademais dunha área destinada á dirección do centro. Esta infraestrutura permitirá reorganizar espazos do campus actualmente ocupados pola titulación de Aeroespacial.
En la misma sesión, que se desarrolló este mediodía en el salón de plenos, la Xunta de Gobierno dio luz verde a la licencia para el proyecto de remodelación del Colegio Maristas, con un presupuesto de 2,8 millones de euros.
También se aprobaron las bases reguladoras y la convocatoria para la concesión de subvenciones en régimen de concurrencia competitiva a asociaciones y entidades sin ánimo de lucro en materia de servicios sociales correspondientes al ejercicio 2025, con un presupuesto de 325.000 euros.