O Concello da Merca leva a cabo traballos de mellora na rede de abastecimento de auga

OurenseXa
Estanse a instalar contadores sectoriais intelixentes en diversos puntos do municipio
traballos-rede-abastecemento-a-merca
20 Oct 2025

O Concello de A Merca está a levar a cabo obras no sistema de abastecemento de auga que inclúen a instalación de contadores sectoriais intelixentes, unha intervención que permitirá un mellor control de fugas e optimizar o servizo municipal. Estes traballos enmárcanse no Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Ourense para obras e servizos municipais (COOPEROU) do ano 2025.

Como consecuencia destas actuacións, diversos núcleos de poboación están a verse afectados, con cortes de auga que este luns están a ter lugar nas zonas de Froxás de Viñas e Corbillón.
O Concello recomenda aos veciños tomar as precaucións necesarias durante este período e agradece a comprensión pola mellora do servizo.

⚙ Configurar cookies
0.075679779052734